Ferrol Surf School abre inscricións nunha xornada de surf gratuíta na praia da Cristina

Inclúese no programa de promoción do deporte vinculado á concesión de autorización de uso das praias por parte das escolas de surf

Valdoviño, 18 de setembro do 2024. Ferrol Surf School convida a nenos e nenas a partir de 10 anos e persoas adultas a participar nunha xornada de surf gratuíta na praia da Cristina. Celebrarase o sábado 5 de outubro, en horario de 10 a 12 horas, e está dirixida a persoas de calquera nivel, dende aqueles que nunca se subiron a unha táboa ata os máis experimentados que buscan mellorar a súa técnica.

Iso si, as prazas son limitadas, e para reservar unha delas, é preciso contactar a través dos teléfonos 679 546 172 e 647 419 284 ou do correo ferrolsurfyoga@gmail.com

A xornada inclúese no programa de promoción do deporte vinculado á concesión de autorización de uso das praias por parte das escolas de surf.