Fernando González Pérez inaugura na casa da cultura a súa exposición de fotografía “Anacos”
O acto terá lugar este venres ás 13:00 horas
Valdoviño, 1 de agosto do 2024. Fernando González Pérez inaugurará este venres ás 13:00 horas a súa mostra de fotografía «Anacos». O acto, aberto á cidadanía, terá lugar na sala de exposicións temporais da casa da cultura de Valdoviño, onde poderemos visitar a obra do artista afincado no noso municipio ata o 31 de agosto, de luns a venres de 10:00 a 13:30 horas -agás festivos-.
Integrante do Grupo Fotografía Ferrolterra, Fernando González trae a Valdoviño unha selección de imaxes de diferentes espazos naturais da comarca, nunha mostra itinerante que botaba a andar hai uns meses en San Sadurniño.
Comentarios