Feirón mensual o domingo na Porta do Sol
Celebrarase durante toda a mañá organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra en colaboración co Concello de Valdoviño
Valdoviño, 22 de xaneiro do 2026. Como cada último domingo de mes, esta semana toca feirón en Valdoviño. A Porta do Sol, concretamente a explanada situada fronte á Casa Joselito, converterase o 25 de xaneiro en escenario de encontro veciñal e máis de compras, grazas ao mercadillo organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra.
A iniciativa, que conta coa colaboración do Concello, disporá dende primeira hora da mañá, de postos de venda dos máis diversos sectores, dende artesanía e moda, ata produto da horta. Un escaparate con ampla variedade para facer as nosas compras nesta costa de xaneiro.
Comentarios
