Feirón mensual este domingo na Porta do Sol
Organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello, o mercadillo celebrarase durante toda a mañá
Valdoviño, 23 de xuño do 2023. Este domingo, último de mes e como marca a tradición, a Porta do Sol de Valdoviño acollerá durante toda a mañá o seu feirón. A cita está organizada pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello, e nel, os postos de venda ofrecerán moi diversos produtos, dende froita e verduras, queixos e embutidos, ata roupa, calzado ou bisutería.
Unha mañá para ir de compras e desfrutar da hostalería da zona.
Comentarios