Feirón mensual este domingo na Porta do Sol
Está organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello de Valdoviño
Valdoviño, 20 de febreiro do 2025. Valdoviño celebrará este domingo feirón mensual. A explanada situada fronte á Casa Joselito, na Porta do Sol, volverá ser escenario deste mercadillo organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello. E tamén nesta ocasión, alumnas e alumnos de 4º da ESO estarán presentes cun posto propio co que recadar fondos para a viaxe de fin de curso.
Así, dende primeira hora da mañá, o público poderá achegarse ata os postos de venda para mercar dende produtos da horta ata calzado e roupa pasando por artesanía. Ademais, é unha boa ocasión para aproveitar a visita e desfrutar tamén dun café ou refresco nalgunha das moitas cafeterías e bares da zona.
Comentarios