Feirón mensual este domingo na Porta do Sol

Organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello de Valdoviño, celebrarase durante toda a mañá

Valdoviño, 27 de xuño de 2024. Como é tradición, veciños e visitantes de Valdoviño teñen este domingo 30 de xuño unha cita co Feirón Mensual do municipio. A explanada situada fronte á Casa Joselito, na Porta do Sol, volverá ser escenario deste mercadillo organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello.

Así, dende primeira hora da mañá, o público poderá achegarse ata os postos de venda para mercar dende produtos da horta ata calzado e roupa pasando por artesanía. Ademais, é unha boa ocasión para aproveitar a visita e desfrutar tamén dun café ou refresco nalgunha das moitas cafeterías e bares da zona.