Feirón mensual este domingo en Valdoviño

Está organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra coa colaboración do Concello

Valdoviño, 26 de outubro de 2021. Veciños e visitantes de Valdoviño teñen este domingo 31 de outubro unha cita co Feirón Mensual do municipio. A explanada situada fronte á Casa Joselito, na Porta do Sol, volverá a ser escenario deste mercadillo organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello.

Así, e dende primeira hora da mañá, o público poderá achegarse ata os cerca de 40 postos de venda que confirmaron a súa presenza para mercar dende produtos da horta ata calzado e roupa pasando por artesanía. Ademais, é unha boa ocasión para aproveitar a visita e desfrutar tamén dun café ou refresco nalgunha das moitas cafeterías e bares da zona.