Feirón este domingo na Porta do Sol

A Asociación de Mulleres María del Mar Becerra organiza a cita durante toda a mañá co apoio do Concello de Valdoviño
Valdoviño, 25 de maio do 2023. Como é tradición, veciños e visitantes de Valdoviño teñen este domingo 28 de maio unha cita co Feirón Mensual do municipio. A explanada situada fronte á Casa Joselito, na Porta do Sol, volverá a ser escenario deste mercadillo organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello.
Así, e dende primeira hora da mañá, o público poderá achegarse ata os postos de venda para mercar dende produtos da horta ata calzado e roupa pasando por artesanía. Ademais, é unha boa ocasión para aproveitar a visita e desfrutar tamén dun café ou refresco nalgunha das moitas cafeterías e bares da zona.