Feirón este domingo na Porta do Sol

A cita está organizada pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello de Valdoviño

Valdoviño, 21 de febreiro do 2023. Veciños e visitantes de Valdoviño teñen este domingo 26 de febreiro unha cita co Feirón Mensual do municipio. A explanada situada fronte á Casa Joselito, na Porta do Sol, volverá a ser escenario deste mercadillo organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello. 

Así, e dende primeira hora da mañá, o público poderá achegarse ata os postos de venda para mercar dende produtos da horta ata calzado e roupa pasando por artesanía. Ademais, é unha boa ocasión para aproveitar a visita e desfrutar tamén dun café ou refresco nalgunha das moitas cafeterías e bares da zona.