Feirón especial verán este sábado en Valdoviño
A Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra avanza a súa celebración durante toda a mañá na Porta do Sol
Valdoviño, 5 de agosto do 2026. Veciños e visitantes teñen este sábado 8 de agosto unha cita co Feirón de Valdoviño. A Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra, entidade organizadora co apoio do Concello, avanza unha edición especial verán do mercadillo, que se suma á cita de todos os domingos de fin de mes.
Así, os postos de venda regresarán á explanada sita fronte á Casa Joselito, no corazón da Porta do Sol, durante toda a mañá do sábado. Poderemos atopar dende alimentación ata téxtil e produtos da horta. Unha boísima ocasión para facer as nosas compras, tamén no comercio local da zona, e desfrutar da oferta hostaleira da contorna.
Comentarios
