Fátima Fernández trae a Valdoviño o seu contacontos “Fantasías de papel”

A función celebrarase este domingo no auditorio a partir das 18 horas

Valdoviño, 28 de setembro de 2021. O Concello de Valdoviño inaugura a programación cultural de outubro cunha sesión de contacontos para toda a familia. A narradora oral Fátima Fernández traerá este domingo ao auditorio da Casa da Cultura as súas «Fantasías de papel» a partir das 18 horas. Unha actividade na que os libros cobran vida e acompañarán ao público nesta aventura.

As persoas interesadas en asistir poden retirar a súa invitación a partir de hoxe na Casa da Cultura, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas (ata o venres ou completar aforo). 

A actividade inclúese no programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.