Éxito do surf adaptado na apertura do ABANCA PANTIN CLASSIC GALICIA PRO
Este domingo é a queda dos surfistas galegos que compiten no campionato por equipos e no open masculino
Valdoviño, 27 de agosto do 2023. Emocionante arranque do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO coa mostra de coraxe do case que medio cento de participantes internacionais con discapacidade física ou visual que competiron na cuarta edición do certame de surf adaptado (un 25 % más que no 2022). Unha xornada de gran surf, con vento suave e olas largas, perfectas para facer manobras.
Na competición, Sarah Almagro, campioa de Europa, volveu imporse na categoría para surfing prone 2 e brillou un veterano Dana Cummings, pioneiro deste deporte. Trunfaron ademais Ibon Oregi (PS-kneel); Ion Artola (PS- prone 1 waveski); Sebastian Bass (PS-prone 2 men); Paulo Souza (PS stand); Andrés Herrero (PS –VI1) e Dani Souto (PS –VI2). A concelleira de Cultura e Turismo de Valdoviño, Rosana García, participou na entrega de trofeos.
Numeroso público achegouse ao recinto para seguir as probas e desfrutar de todas as actividades paralelas (clases de skateboard, actividades medioambientais, bautismos de surf), así como das tendas e distintos espazos do Live Stage e, como non, da música do “Pantín Sound”.
Este domingo, na praia de Pantín dispútase o Campionato galego por equipos e arranca o Campionato galego surf open masculino. No Pantín Sound, Los Lunicos actuarán na sesión brunch e, á tardiña, Pavlenha.