Éxito de participantes e público no V Open de Tenis Concello de Valdoviño

Os/as gañadores/as: Ángeles Omaña (iniciación infantil), Pablo Márquez (infantil), Álex Sande (absoluto 2), Samuel Soto (absoluto 1), Lucas Souto e Guillermo Ortigueira (dobles infantil) e Tomás González e Diego Fernández (dobles)

Valdoviño, 18 de abril de 2022. O pavillón municipal do Longoiro acollía o pasado venres e sábado a quinta edición do Open de Tenis Concello de Valdoviño. Deportistas e público responderon á cita organizada pola Concellería de Deportes que dirixe Sergio Saavedra co apoio da Escola de Tenis Justo al Revés. Así, preto dun centenar de tenistas de todas as idades disputaron o torneo baixo a atenta mirada de veciños e visitantes.

Tras unha primeira fase clasificatoria, a partir do mediodía do sábado arrancaban as semifinais e finais, cos seguintes resultados: 

Iniciación infantil: María de los Ángeles Omaña (campiona) e Enzo Sixto (subcampión) 

Infantil: Pablo Márquez (campión) e Adriana Beceiro (subcampiona)

Absoluto Nivel 2: Alex Sande (campión) e Ángel Cardamas (subcampión)

Absoluto Nivel 1: Samuel Souto (campión) e Ezequiel Artico (subcampión)

Dobles Infantil: Lucas Souto e Guillermo Ortigueira (campións) e Aaron Pita e Pablo Márquez (subcampións)

Dobles Absoluto: Tomás José González e Diego Fernández (campións) e Iván López e Rubén Justo (subcampións)