Teatro: “Libre coma os paxaros”

Público adulto.
19:00 H 20:30 H
Auditorio da Casa da Cultura
25
Apr

Teatro: “Libre coma os paxaros”

19:00 H 20:30 H
Auditorio da Casa da Cultura

Descripción:

No marco da celebración do Día Do Libro, o Concello programa “Libre coma os paxaros. Manifesto rebelde”, un espectáculo sobre a figura e o pensamento de Rosalía de Castro. A montaxe, protagonizada por María Barcala, bota man dos textos da célebre escritora –poesía, artigos, prosa-, engarzados con outros materiais que contextualizan e conforman unha vía pola que transitar acompañados polo pensamento da autora e polo seu compromiso diante dos acontecementos protagonistas na sociedade do seu tempo. A obra está coproducida por Teatro do Atlántico e o Padroado de Cultura de Narón, municipio onde se vén de estrear no marco do Festival Singular.

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura de Valdoviño.

Día e hora: domingo 25 de abril, a partir das 19 horas.

Retirada de entradas na Casa da Cultura na semana en que está programada a función. Luns e martes, de 16 a 20 horas; e mércores e xoves, de 11 a 14 e de de 16 a 20 horas.

Público adulto.

Coordinador:

Concellería de Cultura no Concello de Valdoviño.

Colabora a Deputación da Coruña

Concello de Valdoviño
Porta do Sol s/n
15552 Valdoviño

Detalles

Event Category: ,
Categoría do Evento: Sociocultural
Evento: Teatro galego

Organizador

En vivo

Praias en directo: Goza da nosa costa en vivo