Descrición:
A Laberca Producións trae a Valdoviño o espectáculo infantil “A Tartaruga Manola”, unha proposta en clave medioambiental que aborda a necesidade de coidar, entre todos e todas, o mundo no que vivimos. A contaminación, a deforestación ou a desertización do planeta son algúns dos temas que comprobará a tartaruga protagonista do conto, cheo de cancións e de personaxes curiosas.