Pantín Classic Pro 2020

O 33º Pantín Classic Galicia Pro mantén a súa categoría QS 6000 na proba feminina e QS 1500 na masculina, o que permitirá un ano máis ter na praia de Pantín a algúns dos mellores surfistas mundiais.
7:00 H 1:00 H
Praia do Rodo, Pantín
15
Aug

Pantín Classic Pro 2020

7:00 H 1:00 H
Praia do Rodo, Pantín

Evento Deportivo:

O Pantín Classic Galicia Pro mantén a súa categoría QS 6000 (antigas seis estrelas) na proba feminina e QS 1500 (3 estrelas) na masculina, o que permitirá un ano máis ter na praia de Pantín a algúns dos mellores surfistas mundiais.

Un total de 200 deportistas inscribíronse na proba, superando todos os rexistros de participación, o que obrigou á organización a abrir unha listaxe de reserva.

Entre as competidoras destacan surfistas do nivel da brasileira Silvana Lima, a última campiona, que defenderá a súa coroa fronte a estrelas coma Tatiana Weston-Webb, Laura Enever, Nikki Van Dijk, Coco Ho, Pauline Ado, Maud Le Car, Malia Manuel, Quincy Davis ou Alessa Quizon.

Na competición masculina haberá surfistas de case 25 países distintos, entre eles: Joan Duru, Gony Zubizarreta, Natxo González, Steven Pierson, William Cardoso, Marlon Lipke, Leandro Usuna ou Hiroto Arai.

Coordinador:

Pantín Classic Pro

A praia de Pantín acollerá os días 15 e 23 de agosto un dos primeiros eventos deportivos con público tras finalizar o estado de alarma. A organización co apoyo das institucións públicas e entidades privadas xuntan esforzos para consolidar a imaxe de Galicia como un destino seguro para a práctica de surf como tamén para o Turismo e Deporte en xeral.

Praia de Pantín
Lugar de Ariño, s/n,
15553 Valdoviño

Detalles

Event Category:
Categoría do Evento: Deportes
Evento: Competición Deportiva

Organizador

Teléfono: 981 35 40 04
En vivo

Praias en directo: Goza da nosa costa en vivo