Este sábado dispútanse o XXXI Triangular e o torneo de fútbol feminino Concello de Valdoviño
A Concellería de Deportes e os clubes animan ás persoas afeccionadas a achegarse a seguir os encontros
Valdoviño, 25 de agosto do 2023.Este sábado, 26 de agosto, o mellor fútbol xógase en Valdoviño. Haberá dobre cita deportiva coa disputa nada menos que do “XXXI Triangular Concello de Valdoviño”, unha das competicións de verán máis veteranas da comarca, e do Torneo de fútbol feminino, impulsado tamén pola administración local.
Será precisamente a competición feminino a que chegue primeiro. A partir das 11 horas, o campo municipal de Mourente acolle a competición, cun único partido, que enfrontará ao equipo da E.F.B. Amistade (Primeira División Galega) co equipo coruñés Orillamar SD.
XXXI Triangular
Xa pola tarde, chegará todo un clásico dos torneos do verán, no que, desta volta o Meirás CF exercerá de anfitrión. O campo de fútbol Misael Prieto acollerá a partir das 17 horas o encontro entre o Meirás CF e á SD Valdoviño. Ás 18 h, o CD Rosalía de Vilaboa medirase coa SD Valdoviño. Finalmente, ás 19 horas, xogarase o último partido entre o Meirás e o Vilaboa, tras o que se celebrará a entrega de trofeos.
O Concello, promotor dos dous torneos, xunto cos clubs participantes animan aos afeccionados do municipio e do resto da comarca a achegarse aos terreos de xogo para a seguir os partidos, nunha xornada que promete bo fútbol.