Espectáculo de maxia e sombras chinesas coas “Cousas de nenos” de Ian e Elisa, este domingo na Casa da Cultura de Valdoviño
As persoas interesadas en asistir á función poden retirar a súa invitación na Casa da Cultura ata o venres de 11 a 14 e de 16 a 20 h
A programación cultural do Concello de Valdoviño continúa este domingo cun espectáculo de maxia e sombras chinesas a cargo do dúo Ían e Elisa. A partir das 19 horas, traerán á Casa da Cultura a función “Cousa de nenos”, dirixido a un público infantil e familiar.
Cunha mistura de maxia e sombras chinescas, farán que os nenos e nenas se sumerxan nun mundo imaxinario onde nada é imposible. As prazas son limitadas por mor dos protocolos de prevención fronte á covid-19. Así, as persoas interesadas en asistir deben retirar a súa invitación na Casa da Cultura, a partir de hoxe e ata o venres, de 11 a 14 e de 16 a 20 horas.
Comentarios