Encrucillada ponlle música ao Día das Letras Galegas en Valdoviño cun concerto en Vilaboa
A formación folc actuará este domingo 17 de maio, ás 20:00 h, dentro da programación cultural do Concello
Valdoviño, 12 de maio do 2026. No marco da programación deseñada para celebrar o Día das Letras Galegas 2026, o Concello de Valdoviño aposta pola música de raíz, e programa para este domingo, 17 de maio, o concerto de Encrucillada. Será a partir das 20:00 horas, na contorna da área recreativa das Forcadas. A agrupación regresa ao municipio no marco da Rede Cultural da Deputación da Coruña, e faino nun momento moi especial, cando se cumpren 10 anos de traxectoria.
Así, neste concerto, Encrucillada revisará temas interpretados ao longo deste tempo, recollidos en dous discos (“Marbán”-2018- e !De Volta!” -2024-) e outras gravacións. Ofrecerán un directo vivo e participativo onde percusións, gaitas, acordeón e saxo, entre outros instrumentos, acompañarán ás voces de Elena Díaz e Xoán Padín, imprimindo un estilo do máis persoal a pezas de música galega pospulares e tradicionais.
En caso de choiva, o concerto trasladaríase ao centro cultural Rosalía de Vilaboa.
