En que consiste?
Trátase dun programa municipal de visitas escolares á lagoa da Frouxeira guiadas por persoal técnico da Sociedade Galega de Historia Natural. Con esta iniciativa, o Concello busca divulgar os valores medioambientais do humidal e favorecer a súa protección e conservación. Ofrécese información in situ sobre o seu funcionamento e dinámicas, flora e fauna e figuras de protección que rixen o territorio, ademais de favorecer a observación directa.
A quen vai dirixido?
Centros educativos de Infantil, Primaria e Secundaria de toda Galicia, previa solicitude no Concello de Valdoviño.
Organismo responsable
Concello de Valdoviño.
Onde e cando
O programa desenvólvese ao longo de todo o curso escolar baixo demanda.
