En que consiste?
Trátase dun programa de visitas escolares á casa consistorial co que dar a coñecer o funcionamento, servizos e programas do Concello, a Administración máis cercana á cidadanía. Os percorridos inclúen as diferentes dependencias, nas que os traballadores e traballadoras municipais explican o seu día a día e responden ás súas preguntas e dúbidas, participando tamén na realización de trámites habituais na xestión municipal.
A quen vai dirixido?
Escolares dos diferentes cursos de Educación Infantil e Primaria dos centros educativos do municipio.
Organismo responsable
Concello de Valdoviño.
Onde e cando
O programa desenvólvese ao longo de todo o curso escolar baixo demanda.
