Doce equipos disputaranse este ano o Torneo de Fútbol Sala OcioSol

A partir da próxima semana, haberá partidos os luns, mércores, xoves e venres no pavillón municipal do Longoiro ás 20:00, 21:00 e 22:00 horas

Valdoviño, 27 de xullo do 2023. O Concello de Valdoviño organiza unha nova edición do Torneo de Fútbol Sala OcioSol, todo un clásico do calendario deportivo de verán na comarca. Doce equipos disputarán a competición, que arrancará a próxima semana no pavillón municipal do Longoiro. Haberá partidos todos os luns, mércores, xoves e venres, ás 20:00, 21:00 e 22:00 horas.

Así, xogarase a fase liguilla, con 2 grupos, ata o 21 de agosto, cando se prevé que o torneo entre nas fases eliminatorias, e a final está programada para o 29 do mesmo mes.

Participarán na competición os seguintes equipos, e nos seguintes grupos:

Grupo 1: Friday Night B, Meraki, Fútbol Sala Santa Mariña do Monte, Rincón de Trini, Pizzería Os Dous de Sempre e Silver Catering

Grupo 2: Nuevo Minueto-RADIOCAR, Friday Night, Euro Bollis, Cámping Valdoviño, Cafetería Golden, O Porto