Doble sesión de autocine en Valdoviño co pase de “Uno más en la familia”e “María Solinha”

A programación cultural do Concello de Valdoviño continúa este domingo e luns con dúas sesións de autocine na Porta do Sol. No aparcadoiro situado fronte ao Chalet de Joselito proxectarase este domingo o filme familiar «Uno más en la familia», namentras que ao día seguinte, o luns, será o turno da película galega «María Solinha». Nun e noutro caso, a partir das 22,30 horas. As persoas interesadas en tomar parte poden retirar as súas invitacións na Oficina Municipal de Turismo hoxe de 11 a 17 horas e mañá xoves de 11 a 14 horas.

Entregarase un convite por vehículo e a apertura de portas para os vehículos realizarase a partir das 21 horas. As prazas están limitadas a 100 vehículos.