Día Internacional do Orgullo LGTBQIA+

O Concello de Valdoviño loce a bandeira multicor

Valdoviño, 26 de xuño do 2025. Coa vista posta no Día Internacional do Orgullo LGTBQIA+, que celebramos cada 28 de xuño, a bandeira multicor xa loce na fachada da casa consistorial reivindicando a liberdade de ser e de sentir, e a diversidade e igualdade como dereitos irrenunciables de todas as persoas, independentemente da súa orientación sexual, identidade ou expresión de xénero. Este ano, o Concello de Valdoviño fai súa a declaración institucional da Deputación da Coruña, reiterando o seu compromiso de continuar impulsando políticas que aposten pola educación en valores de igualdade e respecto, dando visibilidade á pluralidade das vivencias e realidades LGTBQIA+

MANIFESTO