Día do Orgullo Neofalante

É o 1 de outubro conmemorando o día do nacemento de Andrés Do Barro

Valdoviño, 1 de outubro de 2021. Hoxe celebramos o Día do Orgullo Neofalante! da man do Servizo de Normalización Lingüística para os concellos de Ares, Cabanas, Mugardos, Neda e Valdoviño. Nesta ocasión sumáronse os concellos de Cedeira, Fene, Ferrol e Narón á nosa celebración! 

O Día do Orgullo Neofalante celébrase como un día máxico para moitas persoas que dan o paso para falar case sempre galego, máis galego, moito máis galego… 

E por que o 1 de outubro? Pois porque foi o día do nacemento do noso veciño Andrés do Barro, que levou o galego aos grandes éxitos musicais e que é considerado simbolicamente o primeiro neofalante.