Dezaoito locais de hostalería convidan á cidadanía a Pasear e Tapear por Valdoviño

O certame que promove o Concello de Valdoviño arrinca este venres

Valdoviño, 9 de abril do 2026. A segunda edición do Pasea e Tapea por Valdoviño arrinca este venres 10 de abril coa participación de 18 establecementos de hostalería de 7 das 8 parroquias do municipio. Por diante, tres fins de semana para desfrutar da localidade a través das propostas da súa restauración, que aúna receitas da cociña tradicional galega con outras máis anovadoras. As tapas serviranse ao prezo de 2,5 euros, e cada cliente recibirá con elas un boleto para cubrir e entregar en urna, optando ao sorteo de premios -tres cestas con produtos gastronómicos do territorio-. Así mesmo, quen complete o percorrido pola totalidade dos establecementos e vaia selando en cada un a tarxeta do certame, poderá elixir a súa tapa favorita e optar a unha cea ou comida valorada en 100 euros no local gañador.

Haberá nesta edición tres horarios para as degustacións, segundo os locais. En base a estes, a relación de establecementos participantes, coas propostas, é a seguinte:

APERTURA LOCAL

VENRES E SÁBADOS DE 20:30 A 22 H E SÁBADOS E DOMINGOS DE 12:30 A 14:30 H

Pide&Pika: Tentación crocante

Café Bar Piruliña: Delicatessen do mar de Valdoviño

Os Dous de Sempre: ovos e zorza

Casa Marino: Niño de ovo de codorniz

Campo García: Panipuri recheo de longaniza

Las Olas by Pantín:  Midnight Blues

A Cepa: Ovos encapotados con pastel de porro

O Garaxe: Delicias de chocos

Kami: Brocheta de polo doce

Teleclub Vilaboa: En Vilaboa quero quedar

VENRES E SÁBADOS DE 20:30 A 22 H

A Madriña: Timbal de rabo de vaca ao viño tinto

O Castro: Canastilla crocante de roupa vella

Porta do Sol: Tenreira ao caldeiro

SÁBADOS E DOMINGOS DE 12:30 A 14:30 H

A Torre do Lago: Do mar a Torre

O Bichesco: Hot dog de cocido

A Trasanquesa: Callos

Morriña: Roliño Morriña

A Taberna do Puntal: Empanada de cocido