Dez equipos disputan unha nova edición do clásico Torneo de Fútbol Sala Ocio Sol

O Concello daba a coñecer o calendario da competición, que arrancaba esta mesma semana no pavillón municipal de O Longoiro, en Meirás

Valdoviño, 2 de agosto do 2024. O Concello de Valdoviño organiza unha nova edición do Torneo de Fútbol Sala OcioSol, todo un clásico do calendario deportivo de verán na comarca. Dez equipos disputarán a competición, que arrancaba esta semana no pavillón municipal do Longoiro. Haberá partidos ata o mes de setembro, en diferentes xornadas por semana, ás 20:00, 21:00 e 22:00 horas, e o calendario pode consultarse na web municipal www.concellodevaldovino.com

Así, xogarase a fase liguilla, con 2 grupos, ata finais de agosto, cando se prevé que o torneo entre nas fases eliminatorias, e a final está programada para o 6 de setembro ás 21:30 horas.

Participarán na competición os seguintes equipos, e nos seguintes grupos:

Grupo 1: Amei Danza, Hartentonreckilnhousen, Nuevo Minuetto-Radiocar, Catering Silver e Autos Pasuco. Grupo 2: Roxal Canalones Freijo, Cámping Valdoviño, Meraki Café Bar, Bar Marino e Cátering Ferrolterra-FS Santa Mariña.

CALENDARIO DE COMPETICIÓN