Deportes abre o prazo de inscrición no “II Torneo de tenis praia Concello de Valdoviño”
Organizado coa Escola de Tenis Justo al Revés, celebrarase o domingo 14 de agosto na praia da Frouxeira
Valdoviño, 1 de agosto de 2022. A Concellería de Deportes vén de abrir o prazo de inscrición na segunda edición do Torneo de Tenis Praia Concello de Valdoviño-Escola de Tenis Justo al Revés. Celebrarase o domingo 14 de agosto, na privilexiada contorna da praia da Frouxeira, demostrando unha vez máis que os nosos areais son as mellores canchas para a práctica deportiva.
As persoas interesadas en participar na competición poden inscribirse na páxina web de Ibertenis ou teléfono 696 844 553. As diferentes categorías son: infantil, absoluto masculino, feminino e mixto e familiar -nais/pais e fillos/as-. A cota é de 15 euros por parella, e o prazo conclúe o 10 de agosto ás 23:30 horas.
Comentarios