Deportes abre o prazo de inscrición no “I Torneo de tenis praia Concello de Valdoviño-Escuela de tenis Justo al revés”
O novo campionato desenvolverase no areal da Frouxeira o 29 de agosto
A Frouxeira volverá transformarse nas vindeiras semanas nun gran escenario para a práctica deportiva. Será, entre outras citas, grazas ao “I Torneo de tenis praia Concello de Valdoviño- Escuela de tenis Justo al revés”, unha competición que busca promocionar esta espectacular disciplina de raqueta e area.
O torneo terá lugar o domingo 29 agosto, xusto a xornada anterior ao arranque do Campionato de España de Surfing, e busca converter por un día á Frouxeira no epicentro do tenis praia galego, atraendo a afeccionados de toda a comunidade. A finalidade non é outra que promocionar este deporte de area para que cada vez sexa máis coñecido e practicado por máis xogadores e xogadoras.
O Concello e a escola fenesa coorganizadora abren ata o 26 de agosto o prazo para que se anoten as persoas interesadas en participar na competición, que se xogará na modalidade de dobres, e nas categorías absoluta e xuvenil (en parella). Para inscribirse haberá que chamar ao teléfono 696844553 e aboar a cota de 5 euros por parella.
Valdoviño apostou como nunca este ano polos eventos deportivos nas praias como un atractivo máis para a promoción turística municipal, tendo sempre moi presente a obriga de cumprir en todo momento coas medidas preventivas fronte á covid-19.
De seguido, a técnica do Océano Surf Museo, Carolina Lorenzo, guiaba á delegación nunha breve visita ás instalacións, únicas en España adicadas ao surf. Era a antesala do adestramento na Frouxeira, seguido por numerosos afeccionados ao fútbol-sala, que concluía a última hora da mañá cun chapuzón nas augas do Atlántico.