David Pena e Sara Rodríguez, campións absolutos do IV Open de Tenis Concello de Valdoviño
O alcalde, Alberto González, e o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, entregaron onte os trofeos, tras catro días de competición
David Pena e Sara Rodríguez proclamáronse campións absolutos do IV Open de Tenis Concello de Valdoviño disputado no pavillón municipal do Longoiro. Organizado pola Concellería de Deportes coa colaboración da escola de tenis Justo al Revés, a competición desenvolveuse entre o 1 e o 4 de abril, coa participación de preto dun centenar de deportistas.
Onte o alcalde, Alberto González, e o concelleiro de área, Sergio Saavedra, entregaban os trofeos aos campións e subcampións nas diferentes categorías. Así quedou a competición: en Alevín, Jon Alcorta (campión) e Rubén Fonte (subcampión); Infantil, Alex Sande (campión) e Carlos Botana (subcampión); Junior, Tomás José González (campión) e Alex Rojo (subcampión); Absoluto nivel 2, Sara Rodríguez (campiona) e Marcelino Bermúdez (subcampión), e Absoluto nivel 1, David Pena (campión) e David Maceiras (subcampión).