Valdoviño dispón dunha rede de locais sociais comunitarios nas súas distintas parroquias. Estas dependencias, unhas de titularidade pública e outras privadas, convértense en puntos de encontro veciñal e en escenario das actividades, que promoven tanto as distintas asociacións como o propio Concello. Neste último apartado, hai propostas de carácter social, cultural e deportivo.
