Image Alt

Proxectos culturais

  /    /  Proxectos culturais
Escenarios paralelos

Escenarios paralelos

As artes escénicas saen á rúa. Espectáculos musicais, novo circo, maxia... chegan a lugares singulares de Valdoviño, que destacan polo seu interese turístico ou patrimonial. O programa, activo dende o 2015, realízase fundamentalmente no verán. Dende hai anos, con motivo do festivo local, prográmanse espectáculos por artistas de primeiro nivel do panorama galego.

Concertos de música para escolares

Coa finalidade de achegar aos máis novos espectáculos musicais, Cultura organiza anualmente no mes de novembro un ciclo de concertos dirixido ao alumnado de Punto de Atención Infantil Aula da Natureza, do CRA O Esquío e do CPI de Atios.

concertos escolares
Sobre táboas

Sobre táboas

A praia de Pantín, o areal máis emblemático para a práctica do surf en Galicia, convértese cada verán en escenario deste festival de danza. Unha aposta ao aire libre para reivindicar esta arte e dar a coñecer os espectáculos novidosos.

Únic@s

O xénero escénico máis de moda dos últimos anos conta cun ciclo propio en Valdoviño. Cada ano a programación do auditorio municipal reserva oco para os monólogos interpretados por artistas.

únic@s
De cero a cen

De cero a cen

Festival dirixido ao publico infantil e familiar, concibido a modo de gran festa de despedida do curso e arranque da tempada estival. O cartel varía de edición en edición, incluíndo con espectáculos musicais, teatrais ou de novo circo.

Ven o venres

Ciclo destinado a fomentar entre o público local adulto a paixón polo teatro. O reto, crear entre a veciñanza o hábito de abrir a fin de semana desfrutando dun espectáculo teatral. Programarase o segundo venres de cada mes na tempada anual que se estableza.

e31926a0-f7ef-4455-a27e-d157fb00c2a1
Son de aquí e escribo

Son de aquí e escribo

Programa destinado a pór en valor o traballo literario de veciños e veciñas de Valdoviño ou de persoas vencelladas á nosa localidade. Trátase de encontros no que os autores comparten como é o seu proceso creativo, en que se inspiran... Desenvólvese na biblioteca municipal.

Foro galego literario

Iniciativa bimestral que, da man do escritor Antón Cortizas, achega a literatura galega actual aos participantes. Ademais do intercambio de opinións entre lectores, nas sesións, desenvolvidas na biblioteca municipal, toman parte os autores das obras que se abordarán.

foro galego literario
Arte urbana libre

Espazos de arte urbana libre

O Concello habilitou unha rede de espazos para fomentar a arte urbana de forma libre, respectuosa, e aberta a veciñanza, con inquedanzas artísticas. Espazos maleables, con obras efémeras, destinados a converterse nunha galería de arte en transformación constante.

Certame de pintura rápida

Certame artístico bianual no que se premia as mellores pinturas realizadas in situ, no tempo e lugar indicados pola organización, sobre a paisaxe, o espazo físico, ou as xentes e costumes de Valdoviño. Desenvólvese no mes de agosto.

Certame pintura
Camiñada a Santo André

Andaina a Santo André de Teixido

Co obxectivo de promocionar o Camiño Vello a Santo André, anualmente organízase unha andaina con saída dende Valdoviño ata o célebre santuario. Trátase dun percorrido guiado para descubrir ás persoas participantes o patrimonio material e inmaterial do noso municipio ao longo desta ruta.

Festas cíclicas

O calendario cultural inclúe anualmente a celebración de festas tradicionais, como é o caso do Entroido, co tradicional desfile e festival, e a festa infantil; o Samaín, con espectáculos de narración oral na contorna da vella igrexa de Loira; e o Nadal, coa tradicional cabalgata dos Reis Magos de Oriente, co Apalpador, e máis co concurso de decoración en vivendas e establecementos.

Festas cíclicas
datas con nome

Datas con nome propio

Ao longo do ano prográmanse actividades para conmemorar datas relevante do calendario sociocultural tales como o Día das Letras Galegas, o Día de Rosalía, o Día internacional do Libro, ou o 8M, e o Día internacional da eliminación de violencia contra a muller.

Calendario municipal

Trátase dun proxecto colaborativo destinado a descubrir e promocionar o patrimonio natural e cultural de Valdoviño. Unha escolma das imaxes enviadas pola veciñanza, ao redor dunha temática ou idea central, ilustra cada un dos meses do almanaque que o Concello edita e regala anualmente.

calendario (2)
Concerto secreto

Concerto secreto

Unha quedada para desfrutar ao aire libre da música e da paisaxe en plena época estival. A singularidade desta iniciativa, impulsada por Eventi, é que nin o cartel nin a localización do recital se coñecen ata o último minuto.

Jazz de ría

Certame desenvolvido en distintos concellos marítimos de Ferrolterra cun cartel no que conviven o mellor do jazz galego e os proxectos máis interesantes a nivel estatal. A programación deséñase para as localizacións elixidas, sendo todas as actividades gratuítas.

Jazz de ría
Entes animadas

Festival de entes animados

Valdoviño participa, xunto a outros concellos de Ferrolterra, neste certame anual que busca achegar o teatro de monicreques a comunidades locais en pequenos núcleos urbanos. Ten lugar en setembro e conta con compañías recoñecidas internacional.