Image Alt

Biblioteca municipal

  /    /  Biblioteca municipal

Biblioteca municipal

As persoas afeccionadas á lectura teñen o seu pequeno paraíso en Valdoviño. A biblioteca municipal, fundada no ano 1994, constitúe unha das pezas fundamentais da Casa da Cultura. O centro conta entre os seus fondos, en permanente renovación, cunha ampla colección bibliográfica que supera os 7.000 títulos.

 

Cunhas instalacións renovadas, a biblioteca, que abre durante todo o ano de luns a venres, dispón de espazo infantil e unha ampla sala de estudo, e conta con servizo de préstamo en sala e a domicilio. sección local e hemeroteca.

 

Integrada na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, desenvolve ao longo do ano unha morea de actividades de dinamización e animación á lectura. Así, ás actividades do programa Ler conta moito, súmanse iniciativas propias como o Foro galego literario ou Son de aquí e escribo.

Estamos en

Casa da Cultura, En Avenida Gándara de Abaixo, 30 (SEGUNDO ANDAR)

Horario

De luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.