Escola de música
A escola municipal de música, situada na antiga escola unitaria da Carreira, imparte entre outubro e xuño clases de iniciación e de perfeccionamento de distintos instrumentos tanto para o público infantil como para adultos. A programación docente inclúe música e movemento para os nenos e nenas de infantil, ademais de clases, en grupos pequenos, de piano, guitarra, guitarra eléctrica, percusión, canto contemporáneo, apostando por un ensino personalizado para nenos/as e público adulto.
Contémplase a posibilidade de introducir novos instrumentos sempre que exista unha demanda mínimas. E, de maneira complementaria, ao longo do ano se organizan festivais do alumnado e obradoiros puntuais.
