Image Alt

Aula de artes plásticas

  /    /  Aula de artes plásticas

Aula de artes plásticas

Fomentar a actividade creadora no municipio e facilitar a promoción das artes tense convertido nun dos eixes de actividade do departamento de Cultura. Con este obxectivo poñíase en marcha no 2021 a aula de artes plásticas. O proxecto cultural, aberto á participación de nenos e nenas a partir de 5 anos e tamén a persoas adultas, está liderado polo pintor Manuel Carballeira, veciño da localidade.

 

As sesións semanais desenvólvense no local social de Loira entre os meses de outubro e xuño, e buscan impulsar que os participantes se inicien ou perfeccionen as súas técnicas de debuxo e pintura.