Cultura programa este sábado na Frouxeira o espectáculo de circo “Abracadaver”
A actividade está dirixida ao público infantil e familiar
Valdoviño, 31 de agosto do 2022. O Concello de Valdoviño programa este sábado pola tarde, no marco da súa oferta cultural, un espectáculo de circo ao aire libre, da man de Assircópatas. A proposta, orientada ao público familiar, terá lugar no parque infantil da praia da Frouxeira, epicentro durante esta fin de semana do surf en España.
A compañía porá en escena, a partir das 20.30 horas, o show titulado“Abracadaver”, que mestura números de malabares, faquirismo, equilibrios e acordeón, protagonizados por Dani Blanco. Todos estes elementos son empregados en clave teatral para artellar unha obra na que non falta o humor, e que dende Assircópatas definen como “cura colectiva para perder o medo” cos “números de circo más terroríficos”.
En caso de que chova, este espectáculo familiar trasladarase á Casa da Cultura de Valdoviño.