Cultura adianta este sábado o horario do espectáculo de circo “Abracadaver”
A obra arrincará ás 18.30 horas no parque infantil da Frouxeira
Valdoviño, 2 de setembro do 2022. Cambio de última hora na programación cultural. O espectáculo de circo ao aire libre que AsSircópatas trae a Valdoviño este sábado, 3 de setembro, adianta o seu horario. A función, que se desenvolverá no parque infantil da Frouxeira, terá lugar finalmente ás 18.30 horas.
A compañía canguesa porá en escena “Abracadaver”, unha obra dirixida ao público familiar e protagonizada por Dani Blanco, na que se mesturan números de malabares, faquirismo, equilibrismo e acordeón, ademais dunha boa doce de humor.
En caso de que chova, o espectáculo trasladaríase á Casa da Cultura de Valdoviño.
Comentarios