Corte do servizo de auga nas avenidas Pedro Fernández Martín e Atios por traballos na rede
Será mañá xoves de 9 a 14 horas
Viaqua, empresa concesionaria do servizo de augas en Valdoviño, informa de que mañá xoves, por mor duns traballos de mantemento na rede de abastecemento municipal, verase interrompido o servizo de auga potable, en horario previsto de 9 a 14 horas na Avenida Pedro Fernández Martín e Avenida de Atios (estrada da praia), véndose afectado o marxe esquerdo das citadas rúas.
Así mesmo, dende a concesionaria lémbrase que este tipo de avisos notifícanse por email e SMS aos afectados mediante o servizo servialertas e, para darse de alta, é preciso facilitar email e móbil. Para contactar coa empresa, amáis da atención en oficina con cita previa, dispoñen da web www.viaqua.gal.
Comentarios