Conclúen as obras de renovación da cuberta da casa consistorial de Valdoviño
A intervención busca poñer fin ás filtracións de auga ao interior
O Concello de Valdoviño vén de concluír as obras de renovación da cuberta da casa consistorial. Unhas obras necesarias polo avanzado estado de deterioro da infraestrutura e os danos causados polos últimos temporais, que derivaba en continuas filtracións de auga aos pisos inferiores, provocando humidades e desprendementos aos mesmos de xeito recurrente.
Así, a intervención realizouse con cargo a fondos propios, cun investimento duns 45.000 euros, e correu por conta da empresa Marcial Díaz.
Os traballos contemplaron a desmontaxe da cuberta formada por tella cerámica e placas de fibrocemento para a posterior colocación de mestras de morteiro correctamente niveladas sobre as que se dispuxo dun illamento de 4 cms de poliestireno extruido. Atornilláronse novas placas de fibrocemento e, sobre estas, colocouse a nova cubrición de tella. Esta mesma operación levouse a cabo tamén na cuberta do campanario.
.