Concilia Tempos Mañás arrancará este xoves no CPI Atios con 16 nenos e nenas inscritas

O Concello manterá aberto o prazo para anotarse neste servizo de conciliación que este ano amplía horarios ata as 7,30 horas

O programa municipal Concilia Tempos Mañás arrancará este xoves, 1 de outubro, no CPI Atios con 16 nenas e nenos inscritos. O Concello valorou positivamente a participación e, en todo caso, avanzou que manterá aberto o prazo para que as familias, de estar interesadas, poidan anotarse. Para iso, é preciso poñerse en contacto con Servizos Sociais a través do correo servizos.sociais@concellodevaldovino.com ou teléfono 981 48 70 41 extensión 5. 

Finalmente, aínda que o Concello ofertou o servizo de conciliación nas unitarias de Vilarrube e Taraza non se logrou acadar un número mímino (tan só se apuntou unha nena). 

Este servizo comezaba a prestarse o pasado curso no CPI E este ano, como principal novidade, amplíanse os seus horarios, xa que comezará ás 7,30 horas e prolongarase ata o inicio das clases. 

A través do mesmo, ofreceranse almorzos saudables e variados e actividades como contos, conversas e música. O prezo é de 30 euros/mes e 20 euros/medio mes.

Ademais, existirá un protocolo específico da covid-19 que se cumprirá por parte das persoas acompañantes, de xeito que sexa un espazo seguro e igualmente agradable. Manterase a distancia de seguridade e o uso de utensilios personalizados e non compartidos, do mesmo xeito que se manterán unhas entradas seguras e unha incorporación programada ao resto do grupo aula.

 

.