Concellos de Ferrolterra e o Instituto de Estudos do Territorio analizan o alcance municipal das novas Directrices da Paisaxe
Todas as iniciativas que se promovan na comunidade deberán ter en consideración estas recomendacións e restricións para mellorar os valores paisaxísticos de Galicia
O alcalde de Valdoviño, Alberto González, participou este venres, xunto a outros rexedores da comarca, nun encontro co director do Instituto de Estudos do Territorio, Francisco Barea, no que se abordou o alcance das Directrices da Paisaxe de Galicia, e se animou aos concellos a implicarse na súa aplicación. O reto, acadar os obxectivos desta nova ferramenta de protección e conservación das paisaxes de Galicia.
A finalidade da reunión, desenvolvida en As Somozas, foi explicar polo miúdo aos responsables municipais de As Somozas Mañón, Ortigueira, Cerdido, Moeche, Cariño, San Sadurniño, Cedeira, As Pontes, A Capela e, por suposto, Valdoviño o contido das primeiras Directrices da Paisaxe coas que conta Galicia, e abordar as implicacións que teñen a nivel municipal.
Dende a Xunta destacan a utilidade deste tipo de encontros por canto recolle normas e directrices -trámites obrigados, restricións e recomendacións- que deberán integrarse na totalidade de iniciativas que se promovan no territorio galego, buscando facer compatibilizar a protección e mellora da paisaxe co desenvolvemento económico do Galicia.