Concello e Seitura22 convidan á poboación a unha charla informativa sobre comunidades enerxéticas

Aberta á veciñanza, terá lugar este xoves ás 20 horas na casa da cultura

Valdoviño, 9 de setembro do 2025. Seitura22 e Concello organizan este xoves ás 20 horas unha charla informativa sobre as comunidades enerxéticas. Aberta á veciñanza, terá lugar na casa da cultura, e nela abordarase o proxecto Redenerxía, do que participa Valdoviño.

Durante a xornada explicaranse as oportunidades que ofrecen as comunidades enerxéticas para a explotación dos recursos locais, os seus  beneficios económicos e ambientais, e os pasos necesarios para a posta en marcha deste tipo de iniciativas.

O proxecto “Redenerxía”, que impulsan Seitura22 e o GDR Terra e Auga, busca fomentar a transición cara a un modelo enerxético máis sostible e participativo na comarca, e esta charla en Valdoviño é un paso clave para involucrar á veciñanza neste proceso.

Así, falarase, e moito, sobre proxectos baseados no impulso das enerxías renovables e na cohesión social, cun impacto positivo no medio ambiente e no desenvolvemento económico e social dos territorios.