Concello e negocios activan a campaña de dinamización do comercio local “En Valdoviño… adiantamos o Nadal”

Preto de 60 establecementos participan na iniciativa, converténdose en protagonistas da campaña en redes e premiando a fidelidade da clientela con sorteos de vales canxeables por valor de 700 euros

Valdoviño, 8 de novembro do 2024. Concello de Valdoviño, comerciantes e profesionais alíanse de novo para a posta en marcha dunha iniciativa de dinamización do sector. Preto de 60 establecementos de moi diversos ámbitos participan na campaña, baixo o lema «En Valdoviño… adiantamos o Nadal». Desenvolverase ao longo de novembro, un mes tradicionalmente frouxo en ventas, coa idea de animar a veciños e veciñas a adiantar as súas compras, e culminará coincidindo coa primeira fin de semana de decembro, na ponte da Constitución e data tradicional do acendido do alumeado de Nadal. Así mesmo, a iniciativa quere recompensar a fidelidade dos compradores habituais e, ao mesmo tempo, servir de acicate para ampliar a clientela, buscando que tanto a xente que vive como a que pasa pola localidade elixa mercar en Valdoviño.

Deste xeito, a campaña iniciábase esta semana nas redes sociais municipais, convertendo de novo a comerciantes e profesionais nos protagonistas, dando ideas de posibles agasallos navideños ou servizos imprescindibles nesas datas. A partir do luns 11 de novembro, os negocios adheridos comezarán o reparto de rifas entre os clientes que realicen un gasto mínimo de 10 euros (ata o 20 de novembro). Deben cubrir os boletos e entregalos nas urnas habilitadas na casa consistorial (de 9 a 14 h) ou na casa da cultura (de 10 a 14 e de 16 a 20 h). O 21 de novembro, ante a secretaria municipal, realizarase o sorteo de 5 cheques de 100 euros cada un canxeables no comercio local.

Ademais, os clientes tamén poderán optar a un segundo sorteo dun cheque de 200 euros. Neste caso, deben ir gardando os tickets das compras realizadas entre o 11 e o 30 de novembro. Se reúnen tickets por valor de 100 euros poderán entregalos entre o 28 de novembro e o 4 de decembro nun sobre pechado indicando no interior da solapa o teléfono de contacto. O sorteo realizarase o 5 de decembro.

O colofón da campaña terá un marcado carácter solidario, Concello e comerciantes farán unha doazón económica a unha entidade sen ánimo de lucro radicada en Valdoviño. Neste caso, o importe da doazón dependerá da participación da veciñanza na campaña, e a máis rifas entregadas en urna, maior cuantía recibirá a entidade.

Os negocios participantes son:

  • Librería Xeila
  • Confitería Campeiras
  • Peluquería Amancio
  • Eroski Center
  • Talleres PF Ladeira
  • Gran Casa China
  • Herrería Jaime
  • Frutas Chantarela
  • Talleres Díaz
  • Electro Agro Valdoviño
  • Farmacia Casariego
  • Muebles Valdoviño
  • Electrodomésticos Nito
  • Carne&Co.
  • Agrogar
  • Tienda Nieves Llago e hijo Juan
  • Despeluxada
  • Dental Couce
  • Con fío de Inés
  • Bea Cobelo Centro de estética
  • Maranello estilistas
  • Centro Podológico Valdoviño
  • Farmacia Portela
  • Rehafis
  • Rainbow Idiomas
  • DIA Valdoviño
  • Floristería Luz
  • Tenda da Morriña
  • Cooperativa de Meirás
  • Farmacia Álvarez Almodóvar
  • Carnicería Casa Félix
  • Talleres Queira
  • +Fisio
  • Clínica Podológica Ana Alvariño
  • Meirás clínica dental
  • Peluquería María José
  • Covirán Suárez
  • Peluquería Eva Feal
  • Panadería Meirás
  • Lavandería Valdoviño
  • Aluminios Lago
  • Cooperativa de Lago
  • Gairesa
  • Autoservicio O Castro
  • Lupe Rodríguez estilistas
  • Centro ecuestre Cabaliño do Lago
  • Paintball A Lagoa
  • Viveros Rey
  • A tenda da Carreira
  • Farmacia Covadonga Gutiérrez
  • O forno da Carreira
  • Panadería Alex
  • Cooperativa de Vilaboa