Concello e comerciantes locais activan a partir deste xoves o segundo sorteo da campaña “En Valdoviño… adiantamos o Nadal”
Para optar ao cheque de 200 euros, veciños e veciñas deberán reunir tickets de compra por valor de 100 euros e entregalos nun sobre nas urnas da casa consistorial ou casa da cultura ata o 4 de decembro
Valdoviño, 27 de novembro do 2024. A campaña de dinamización do comercio local «En Valdoviño… adiantamos o Nadal» encara a súa recta final, e a partir de mañá xoves 28 de novembro, ábrese o prazo para o segundo sorteo da iniciativa. Neste caso, dun cheque-agasallo por valor de 200 euros canxeable nos preto de 60 establecementos locais adheridos ao proxecto. Para participar, veciños e veciñas deben reunir tickets das compras realizadas dende o 11 ao 30 de novembro por valor de 100 euros -poden ser dun ou de varios negocios-, metelos nun sobre, apuntar o seu número de teléfono, e depositalo nas urnas que se instalarán de novo na casa consistorial -de 9 a 14 h- e na casa da cultura -de 10 a 14 e de 16 a 20 h-. Ata o mércores 4 de decembro incluído. Ao día seguinte, xoves 5 de decembro, realizarase o sorteo e darase a coñecer á persoa gañadora.
Trátase do segundo sorteo da campaña, que arrincaba a principios do mes de novembro nas redes sociais, convertendo unha vez máis aos comerciantes e profesionais locais en protagonistas. Continuaba cun primeiro sorteo de 5 vales canxeables de 100 euros entre as máis de 8.700 rifas entregadas pola veciñanza, e que foron parar a Alba María Pérez, Alejandro López, Ana Ameneiros, Isabel Felgar e Verónica Doce.
Con esta iniciativa conxunta de comerciantes e Concello, búscase animar as compras entre a veciñanza nun mes tradicionalmente frouxo como novembro, e atraer nova clientela a través de incentivos como os vales-agasallo. Así mesmo, o proxecto conta tamén cunha parte solidaria, xa que terá como colofón a entrega dun cheque por valor de 500 euros á delegación local de Manos Unidas, recentemente constituída en Valdoviño. Unha contía que se marcaba como reto na campaña se a veciñanza entregaba un mínimo de 1.000 rifas no primeiro sorteo, superándose amplamente ao alcanzar as máis de 8.700.
Os negocios participantes na campaña son:
- Librería Xeila
- Confitería Campeiras
- Peluquería Amancio
- Eroski Center
- Talleres PF Ladeira
- Gran Casa China
- Herrería Jaime
- Frutas Chantarela
- Talleres Díaz
- Electro Agro Valdoviño
- Farmacia Casariego
- Muebles Valdoviño
- Electrodomésticos Nito
- Carne&Co.
- Agrogar
- Tienda Nieves Llago e hijo Juan
- Despeluxada
- Dental Couce
- Con fío de Inés
- Bea Cobelo Centro de estética
- Maranello estilistas
- Centro Podológico Valdoviño
- Farmacia Portela
- Rehafis
- Rainbow Idiomas
- DIA Valdoviño
- Floristería Luz
- Tenda da Morriña
- Cooperativa de Meirás
- Farmacia Álvarez Almodóvar
- Carnicería Casa Félix
- Talleres Queira
- +Fisio
- Clínica Podológica Ana Alvariño
- Meirás clínica dental
- Peluquería María José
- Covirán Suárez
- Peluquería Eva Feal
- Panadería Meirás
- Lavandería Valdoviño
- Aluminios Lago
- Cooperativa de Lago
- Gairesa
- Autoservicio O Castro
- Lupe Rodríguez estilistas
- Centro ecuestre Cabaliño do Lago
- Paintball A Lagoa
- Viveros Rey
- A tenda da Carreira
- Farmacia Covadonga Gutiérrez
- O forno da Carreira
- Panadería Alex
- Cooperativa de Vilaboa