Concello e AECC cambian cigarros por sementes no Día Mundial Sen Tabaco

Valdoviño tamén vén de solicitar ante a Xunta a declaración de todas as praias como espazos libres de fume e a AECC instalará sinaléctica identificando aqueles lugares públicos libres de fume no municipio

Valdoviño, 31 de maio de 2022. Con motivo do Día Mundial Sen Tabaco, e no marco do convenio subscrito, Concello de Valdoviño e Asociación Española contra o Cancro poñían en marcha esta mañá un punto informativo sobre os beneficios de dicir adeus ao cigarrillo e tamén sobre os programas que a asociación pon a disposición da cidadanía para facelo. Unha información que se completaba cun cambio: cada veciño/a que entregase un cigarrillo recibía un lápiz plantable.

Esta é unha das iniciativas que Concello e AECC impulsan no marco do acordo de colaboración subscrito, e que terá continuidade con outras accións na procura de espazos libres de fume. Así, o Concello de Valdoviño vén de tramitar ante a Xunta de Galicia a declaración de todas as praias do municipio como espazos libres de fume e, en próximas semanas, a AECC instalará sinaléctica identificando outros lugares libres de fume como inmediacións de parques infantís, centros educativos ou centro de saúde.