Cita este domingo co Feirón de Valdoviño

A Asociación de Mulleres do Rural organiza o mercadillo co apoio do Concello

Valdoviño, 22 de xullo do 2026. O Feirón regresará a Valdoviño este domingo 26, o último de mes. Organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello, celebrarase durante toda a mañá na explanada sita fronte á Casa Joselito, na Porta do Sol.

Alí poderemos achegarnos aos variados postos de venda que, cada mes, acoden ao mercadillo, dende alimentación ata complementos, produtos da horta ou roupa e calzado. Unha boa ocasión para facer unhas compras e desfrutar da oferta hostaleira da zona.