Cita este domingo co Feirón de Valdoviño
Os postos de venda regresarán á Porta do Sol durante toda a mañá
Valdoviño, 24 de outubro do 2024. Como é tradición, veciños e visitantes de Valdoviño teñen este domingo 27 de outubro unha cita co Feirón Mensual do municipio. A explanada situada fronte á Casa Joselito, na Porta do Sol, volverá ser escenario deste mercadillo organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello.
Así, dende primeira hora da mañá, o público poderá achegarse ata os postos de venda para mercar dende produtos da horta ata calzado e roupa pasando por artesanía. Ademais, é unha boa ocasión para aproveitar a visita e desfrutar tamén un café ou refresco nalgunha das moitas cafeterías e bares da zona.
Comentarios