Cita este domingo co Feirón de Valdoviño

Está organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello

Valdoviño, 25 de maio de 2022. Veciños e visitantes de Valdoviño teñen este domingo 29 de maio unha cita co Feirón Mensual do municipio. A explanada situada fronte á Casa Joselito, na Porta do Sol, volverá a ser escenario deste mercadillo que cada mes organiza a Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello. 

Así, e dende primeira hora da mañá, o público poderá achegarse ata os postos de venda para mercar dende produtos da horta ata calzado e roupa pasando por artesanía. Ademais, é unha boa ocasión para aproveitar a visita e desfrutar tamén dun café ou refresco nalgunha das moitas cafeterías e bares da zona.