Cita en Valdoviño este domingo co Feirón

A cita está organizada pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello de Valdoviño

Valdoviño, 26 de agosto do 2026. O feirón regresará este domingo, último do mes, a Valdoviño. Os vendedores ambulantes instalarán os seus postos na explanada sita fronte á casa Joselito, no corazón da Porta do Sol, durante toda a mañá do 30 de agosto. Así, como é habitual, poderemos atopar dende alimentación ata téxtil e produtos da horta. Unha magnífica oportunidade para realizar as nosas compras, e desfrutar da oferta hostaleira da contorna.

O mercadillo está organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra, co apoio do Concello de Valdoviño.