Cita co feirón mensual de Valdoviño
Celebrarase este domingo pola mañá na contorna da Porta do Sol
Valdoviño, 24 de marzo do 2026. Coincidindo co último domingo de mes, Valdoviño celebrará este 29 de marzo unha nova edición do seu Feirón. A Porta do Sol volverá acoller os postos de venda durante toda a mañá nunha cita organizada pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello.
Como é habitual, o mercadillo contará con postos de diversos sectores, dende alimentación ata roupa e calzado, pasando por produtos da horta. Unha boa oportunidade para ir de compras e desfrutar da oferta hostaleira da contorna.
Comentarios
